Entradas

Modo Frixio

Imagen
O modo Frixio comeza na terceira nota da escala Maior. Por exemplo, Mi Frixio ten as mesmas notas que Do Maior, xa que Mi é o 3º grao da escala de Do Maior. Imos comparar  Mi Frixio con Mi Maior, para ver as variacións Mi Maior: Mi - Fa# - Sol# - La - Si - Do# - Re# Mi Frixio:Mi - Fa - Sol - La - Si - Do - Reç Podemos observar que a diferenza está no 2º, 3º, 6º e 7º grao, que están medio tono máis baixos. Esta escala é moi característica da música flamenca. Deixo os diagramas para aprendela e practicala, aínda que sabendo a escala maior non sería necesario.

Modo Dórico

Imagen
O modo dórico empeza na segunda nota da escala maior. Por exemplo, Mi dórico ten as mesmas notas que Re Maior. Así o  odo dórico queda como a escala maior, pero có 3º e 7º grao un semitono máis baixos. Isto fai que este modo sexa empregado para improvisar sobre acordes menores omo Em7, Em9 ou Em11, sendo o máis usual o m7. Este modo foi moi usado polo guitarrista mexicano Carlos Santana. Deixo abaixo os diagramas para poder aprendelo, aínda que non é necesario memorizalo, xa que con saber que o modo dórico empeza no 2º grao da escala maior, e sabendo a escala maior, xa é suficiente.

Escala Menor Melódica

Imagen
Na anterior entrada falabamos da escala menor harmónica, tamén coñecida como "Escala arábiga". Ben, pois foi este matiz o que fixo que estivera prohibida durante a Idade Media, debido ao rechazo a todo o que tivera que ver có arábigo. Así, creouse esta escala para "corrixir" o son arábigo, e podela usar en composicións, aumentándolle medio tono ao sexto grado, quedando a fórmula: 1eira - 2da - 3eira menor - 4ta - 5ta - 6ta - 7ma Maior Dito isto, improvisar con esta escala resulta moi complexo, e só se emprega en impravisacións modales, sobre seguencias de acordes complexas. Deixo os diagramas para aprendela e practicala:

Escala Menor Harmónica

Imagen
Esta é a miña escala favorita. Naceu debido á forte cadencia que existe entre acordes como E7 e Am,, sucesión que non encaixa na escala maior na que se atopaba circunscrita toda a música na Idade Media. Isto solucionouse engadindo un semitono ao 7º grado da escala menor natural, de modo que si a escala de La m é a seguinte: La . Si - Do - Re - Mi - Fa - Sol A escala de La menor harmónica sería: La - Si - Do - Re - Mi - Fa - Sol# Esta escala foi discriminada polo seu sonido arábigo, e por conter na súa harmonía un acorde diminuído, considerado satánico pola igrexa medieval. Os diagramas serían os seguintes:

Escala Menor Natural

Imagen
Cómpre comezar dicindo que toda escala maior ten a súa escala relativa menor, coa que comparte exactamente as mesmas notas, sendo a súa única diferenza que a escala menor comeza na 6ª nota da escala maior. Por exemplo a escala maior de Do é: Do - Re - Mi - Fa - Sol - La - Si Polo que a súa escala relativa menor sería La menor: La - Si - Do - Re - Mi - Fa - Sol Isto fai que sexa absurdo aprenderse fórmulas ou diagramas para a escala menor, xa que calculando o seu relativo maior e tendo ben aprendida a escala maior xa sería suficiente. De todos modos deixo os diagramas:

Escala Maior Natural

Imagen
Esta escala é a base de toda teoría musical, e non é outra cousa que unha escala tocada sen alteracións. Por exemplo a escala maior natural de Do é: Do - RE - Mi - Fa - Sol - La - Si A fórmula desta escala é a seguinte: T - T - St - T - T - T - St Desta maneira podemos construír esta escala dende calquera nota, sempre mantendo esta secuencia. Esta escala é moi importate, xa que é a escala na que se basearán os modos gregos máis adiante, polo que é conveniente aprendela no maior número de posicións posible. Para isto deixo enbaixo os diagramas:

Escala Pentatónica de Blues

Imagen
A Escala Pentatónica de Blues non é outra cousa que a pentatónica menor á que se lle agregou outra nota (b5). Isto fai que sone máis a blues, aínda que estas escalas son intercambiables na gran maioría dos casos, normalmente a de Blues emprégase para enriquecer os solos. A fórmula da Pentatónica de Blues é a seguinte: 1 - b3 - 4 - b5 - 5 - b7 Abaixo deixo os diagramas da escala, onde o círculo branco representa a nota Blues que se engadiu (b5):