Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Escala Menor Harmónica

Imagen
Esta é a miña escala favorita. Naceu debido á forte cadencia que existe entre acordes como E7 e Am,, sucesión que non encaixa na escala maior na que se atopaba circunscrita toda a música na Idade Media. Isto solucionouse engadindo un semitono ao 7º grado da escala menor natural, de modo que si a escala de La m é a seguinte: La . Si - Do - Re - Mi - Fa - Sol A escala de La menor harmónica sería: La - Si - Do - Re - Mi - Fa - Sol# Esta escala foi discriminada polo seu sonido arábigo, e por conter na súa harmonía un acorde diminuído, considerado satánico pola igrexa medieval. Os diagramas serían os seguintes:

Escala Menor Natural

Imagen
Cómpre comezar dicindo que toda escala maior ten a súa escala relativa menor, coa que comparte exactamente as mesmas notas, sendo a súa única diferenza que a escala menor comeza na 6ª nota da escala maior. Por exemplo a escala maior de Do é: Do - Re - Mi - Fa - Sol - La - Si Polo que a súa escala relativa menor sería La menor: La - Si - Do - Re - Mi - Fa - Sol Isto fai que sexa absurdo aprenderse fórmulas ou diagramas para a escala menor, xa que calculando o seu relativo maior e tendo ben aprendida a escala maior xa sería suficiente. De todos modos deixo os diagramas:

Escala Maior Natural

Imagen
Esta escala é a base de toda teoría musical, e non é outra cousa que unha escala tocada sen alteracións. Por exemplo a escala maior natural de Do é: Do - RE - Mi - Fa - Sol - La - Si A fórmula desta escala é a seguinte: T - T - St - T - T - T - St Desta maneira podemos construír esta escala dende calquera nota, sempre mantendo esta secuencia. Esta escala é moi importate, xa que é a escala na que se basearán os modos gregos máis adiante, polo que é conveniente aprendela no maior número de posicións posible. Para isto deixo enbaixo os diagramas:

Escala Pentatónica de Blues

Imagen
A Escala Pentatónica de Blues non é outra cousa que a pentatónica menor á que se lle agregou outra nota (b5). Isto fai que sone máis a blues, aínda que estas escalas son intercambiables na gran maioría dos casos, normalmente a de Blues emprégase para enriquecer os solos. A fórmula da Pentatónica de Blues é a seguinte: 1 - b3 - 4 - b5 - 5 - b7 Abaixo deixo os diagramas da escala, onde o círculo branco representa a nota Blues que se engadiu (b5):

Escala Pentatónica

Imagen
A Escala Pentatónica é a primeira que se aprende normalmente ao tocar a guitarra, xa que é moi simple (só te 5 notas) e porque cae ben en tódolos estilos nos que improvises con ela. Existen 2 tipos de escala pentatónica, a menor e a maior, aínda que teñen as mesmas posicións e só varía a súa nota raíz. A fórmula da escala pentatónica menor é a seguinte: 1 - b3 - 4 - 5 - b7 A fórmula da escala pentatónica maior é a seguinte: 1 - 2 - 3 - 5 - 6 Abaixo deixo unha imaxe da escala pentatónica en distintas posicións, dependendo do grao da escala que tomes como nota raíz:

Escalas e Modos para guitarra (intro)

Nesta sección do blog falarei sobre as distintas escalas e modos que se empregan para a composición e para a improvisación, sempre centrado na guitarra, xa que é o instrumento que toco eu. Para comezar decir que o uso das escalas e dos modos serve principalmente para a improvisación. Chámase escala musical ao orden de notas de maior a menor e por orde ascendente da sucesión de sons consecutivos dunha tonalidade. Neste blog trataremos as seguintes escalas e modos:            -Escala Pentatónica           -Escala Pentatónica de Blues            -Escala Maior Natural            -Escala Menor Natural           -Escala Menor Harmónica           -Escala Menor Melódica           -Modo Dórico           -Modo Frixio            -Modo Lidio            -Modo Mixolidio          -Modo Aeólico            -Modo Locrio

Harmonía Negativa

Esta entrada terá un fundamento máis teórico que as anteriores, xa que falaremos dun concepto musical chamado Harmonía Negativa. Este concepto nace nun libro de Ernest Levy nos anos 80, pero popularizouse fai poucos anos xa que foi mencionado por un artista chamado Jacob Collier. Este sistema tonal baséase no eixe Tónica-Dominante das tonalidades maiores e menores. Por exemplo, tomamos a escala de Do Maior: Do-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si-Do, cuxa relación tonal é T-T-St-T-T-T-St. Neste caso o eixe tónica dominante sería DO-SOL. Agora buscamos a escala negativa a Do Maior, mantendo a quinta xusta entre Do e Sol, e a estrutura interváica da escala. Esta escala chamaríase escala negativa en Sol Maior, xa que xérase a partir do Sol, aínda que a tónica segue sendo Do, e tería a seguinte forma: DO----SOL RE----FA MI----MI B FA----RE SOL----DO LA----SI B SI----LA B Esta escala pódese confundir coa escala de Mi b Maior ou Sol Frixia, pero sería un erro xa que perdería

Purple Haze

Imagen
Purple Haze é un dos temas máis coñecidos de Jimi Hendrix, pertencente ao disco " Woodstock: Music from the Original Soundtrack and More ". É unha canción cun estilo moi peculiar, categorizada coma Acid Rock, que fala sobre as sensacións que lle transmitía a Hendrix este tipo de marihuana. É moi difícil determinar unha estructora exacta deste tema, porque Hendrix sempre o tocaba de maneira distinta, pero se tomamos como referencia a grabación do disco, podemos sacar en limpo o seguinte:            -A canción está na tonalidade de Sol Maior, polo que ten un sostido, o Fa            -Ten unha estrutura básica de 3 acordes que se repiten durante toda a obra. O primeiro é un E               7+9, que dura dous pulsos, o segundo un G7 sen 5ª e o terceiro un A7 sen 5ª. Sendos acordes               duran un pulso, polo que o tema está en 4/4           -A canción pódese descompoñer en 4 partes                          -1º Verso                          -2º

Jimi Hendrix

Imagen
Nesta entrada falarei sobre a vida do mellor guitarrista eléctrico da historia na miñao pinión, Jimi Hendrix. Naceu nos Estados Unidos e viveu a gran expansión do Jazz e do Rock, o que lle fixo coller unha guitarra aos 15 anos. Máis tarde foise a Londres e tivo a oportunidade de tocar có grupo da moda da época, "Cream", no que estaba o guitarrista Eric Clapton, ao que alcumaban "God". Malia isto, Hendrix destacou por enriba de Clapton e incluso fíxolle ter un ataque de nervios, por iso se di que Hendrix matou a Deus. Jimi Hendrix coa súa Fender Strato Máis tarde Hendrix formou un grupo chamado "The Jimi Hendrix Experience" cos que grabou 4 discos, entre eles un dos discos considerados como unha das grandes obras maestras da historia da música, "Electric Ladyland". Lamentablemente, Hendrix morreu aos 28 anos de sobredose, e é por isto que a maioría dos seus discos fosen publicados despois da súa morte, en concreto 13 discos. Que graba

Blue Bossa-Dexter Gordon

Imagen
Dexter Gordon foi un saxofonista tenor estadounidense de Jazz, moi recoñecido tanto no seu país como en Europa, onde viviu unha longa tempada. Grabou discos con músicos do calibre de Louis Armstron, e formou banda có gran batería Kenny Clarke. Dexter Gordon Unha das súas obras máis recoñecidas foi "Blue Bossa", unha peza de bossa nova. Esta peza inclúe moitas alteracións accidentais, aínda que a súa base está en Do Menor, acorde que Dexter Gordon emprega para comezar e rematar a obra. A secuencia de acordes empregada é a seguinte: Cm7-Fm7-Dm7b5-G7 e Cm7 para pechar a primeira parte. D#m7-F#7-C#maj7-Dm7b5-G7 e novamente Cm7 para pechar a na segunda parte. Ainda que esta peza ten unha melodía xa composta, a sucesión de acordes fai que sexa moi útil para improvisar sobre unha escala de Do Menor ou de Do Dórico.

El Sueño de la Muñequita

"El Sueño de la Muñequita" é unha composición para guitarra clásica do guitarrista paraguaio Agustín Pío Barrios, artista do que xa falamos noutra entrada. A lenda conta que Agustín estaba na casa dun amigo tocando a guitarra, cando a filla lle dixo que parara de tocar, que ía despertar a súa boneca. Foi entonces cando Águstín interpretou esta peza para volvela durmir, e por iso o nome da composición. Este Vals está escrito en La Menor, polo que non presenta alteracións na armadura, e este (La-Do-Mi) é o acorde de repouso empregado polo autor , aínda que podemos intuír a tonalidade de La Maior, xa que o Fa, o Do e o Sol están sostidos case na totalidade da composición. Deixo unha ligazón ao gran César Amaro interpretando esta obra: https://www.youtube.com/watch?v=jdYIdgzCmaw