Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Modo Frixio

Imagen
O modo Frixio comeza na terceira nota da escala Maior. Por exemplo, Mi Frixio ten as mesmas notas que Do Maior, xa que Mi é o 3º grao da escala de Do Maior. Imos comparar  Mi Frixio con Mi Maior, para ver as variacións Mi Maior: Mi - Fa# - Sol# - La - Si - Do# - Re# Mi Frixio:Mi - Fa - Sol - La - Si - Do - Reç Podemos observar que a diferenza está no 2º, 3º, 6º e 7º grao, que están medio tono máis baixos. Esta escala é moi característica da música flamenca. Deixo os diagramas para aprendela e practicala, aínda que sabendo a escala maior non sería necesario.

Modo Dórico

Imagen
O modo dórico empeza na segunda nota da escala maior. Por exemplo, Mi dórico ten as mesmas notas que Re Maior. Así o  odo dórico queda como a escala maior, pero có 3º e 7º grao un semitono máis baixos. Isto fai que este modo sexa empregado para improvisar sobre acordes menores omo Em7, Em9 ou Em11, sendo o máis usual o m7. Este modo foi moi usado polo guitarrista mexicano Carlos Santana. Deixo abaixo os diagramas para poder aprendelo, aínda que non é necesario memorizalo, xa que con saber que o modo dórico empeza no 2º grao da escala maior, e sabendo a escala maior, xa é suficiente.

Escala Menor Melódica

Imagen
Na anterior entrada falabamos da escala menor harmónica, tamén coñecida como "Escala arábiga". Ben, pois foi este matiz o que fixo que estivera prohibida durante a Idade Media, debido ao rechazo a todo o que tivera que ver có arábigo. Así, creouse esta escala para "corrixir" o son arábigo, e podela usar en composicións, aumentándolle medio tono ao sexto grado, quedando a fórmula: 1eira - 2da - 3eira menor - 4ta - 5ta - 6ta - 7ma Maior Dito isto, improvisar con esta escala resulta moi complexo, e só se emprega en impravisacións modales, sobre seguencias de acordes complexas. Deixo os diagramas para aprendela e practicala: